15 de abr. de 2020

#EUQUEDONACASA

Queridas familias:

Un dos retos que tendes que afrontar os pais e nais neste tempo de reclusión na casa, como medida de contención para facer fronte ao coronavirus, é compaxinar esta situación atípica coa atención aos vosos fillos e fillas. 

Desde o departamento de orientación queremos aportar algunhas recomendacións e ideas creativas e educativas que vos poidan axudar durante os días que queden ata a volta á normalidade:





Estas son algunhas ideas de actividades, xogos e experimentos para vivir cos vosos fillos e fillas estes días de xeito máis divertido e con infinidade de oportunidades para aprender, medrar e convivir:


  • Facer manualidades:

Axudan a desenvolver a creatividade, a psicomotricidade fina, a paciencia e a tranquilidade. Segundo a súa idade son máis adecuadas unhas técnicas ou outras.

 Poden ser momentos de manualidades pouco dirixidas, apelando á liberdade creativa e de expresión dos menores, deixando que experimenten cos materiais.

  •  Preparamos unha caixa con todos os materiais necesarios para manualidades diversas e que os nenos/nenas vaian explorando todas as posibilidades.

  •  Comezamos por un material inicial e cada día aportamos un material novo na caixa. Deste xeito imos dosificando as posibilidades creativas.

  • Podemos usar materiais ou técnicas como: mandalas, pinturas de dedos, témperas, acuarelas, tizas, plastilina, goma eva, arxila, origami, purpurina, adhesivos e washi tape, la, telas, pinzas, pedras,… imaxinación e creatividade ao poder!





     


  • Álbums de fotos:


Aos nenos e nenas máis maiores podémoslles encargar que preparen aqueles álbums de fotos que desde hai tempo queremos facer e nunca atopamos o momento. Que seleccionen as imaxes, as impriman, as peguen nun caderno, que fagan comentarios… ou senón en formato dixital. Así tamén adestran as súas competencias dixitais. Cos máis pequenos podemos preparar, de maneira caseira, xogos de mesa tipo memory coas fotos da familia ou amigos.




  • Ler contos, libros ilustrados, cómics:

Podemos facer un repaso dos libros que temos na casa e pode que atopemos algúns que nos apeteza volver a ler; tamén podemos buscar o libro electrónico en formato dixital.

Ademais hai audiolibros en mp3, español ou inglés en Spotify ou outras plataformas de audiolibros on line. Escoitar historias sen ver as imaxes axuda a desenvolver a imaxinación dos nenos e nenas.





  •  Moita música:

   Escoitar música de todo tipo, cantar xuntos, tocar instrumentos improvisados, creando algún espazo para bailar.  Aos nenos gústalles compartir momentos de baile e expresión corporal cos adultos e debemos ter en conta que, ao longo do día, teremos que combinar momentos fisicamente máis activos con outros máis tranquilos.

  

  •  Compartir pasatempos e afeccións:

    Se vos gusta a costura, facer ganchillo, bricolaxe, modelado, crebacabezas xigantes ou tedes outras afeccións que se poidan practicar en interiores, quizais sexa hora de compartilas cos vosos fillos e fillas. Tede en conta a súa idade e valorade se son actividades que poden facer con certa autonomía e seguridade.


  • Un pouco de pantallas:


     Os horarios ou tempos da pantalla (videoxogos, móbiles, tabletas, televisión), dependerán da idade. Con nenos pequenos que aínda non saben ler a hora nun reloxo, recoméndase usar un reloxo de area para que sexa máis visual e claro o paso do tempo.

     A Organización Mundial da Saúde (OMS) desaconsella completamente aos menores de dous anos ver a televisión ou xogar con pantallas. Recomenda tamén que o uso de pantallas (televisión, dispositivos móbiles e videoxogos) en menores de entre dous e cinco anos sexa, como moito, dunha hora ao día.

     Ademais do tempo de pantalla teremos que controlar a calidade do que ven ou do que xogan: que non haxa contido violento, machista ou racista e que sexa adecuado á súa idade.






  •     Xogos educativos:


    Son especialmente recomendables os xogos de mesa cooperativos porque propoñen un reto colectivo e favorecen o xogo sen violencia nin competitividade.  Os xogos de mesa en xeral e os cooperativos en particular, promoven o traballo en equipo e habilidades como concentración, estratexia, etc.
    



  •  Cociñar en familia:
   Cociñar en familia é moi divertido e enriquecedor. Estimula a aprendizaxe e a convivencia. Aproveitemos estes días para facer algunhas receitas cos nenos: ensaladas, macedonias de froitas, galletas, pasteis, etc.  E a partir dos 8-10 anos poden comezar a cociñar coas súas propias receitas sinxelas e seguras.

   Desde a cociña e as receitas, os nenos poden adestrar a creatividade e moitas habilidades e destrezas como lectura, escritura, matemáticas, volumes, pesas, a motricidade fina ...




  •     Xogos de movemento:

  Algúns exemplos de xogos de movemento para compartir momentos entre adultos e nenos son:

      •   Esconderse polos cuartos da casa
      •  Ás escuras ou “Cuarto escuro”
      •  O xogo das películas
      •  Agochar obxectos ou xoguetes pola casa e xogar a «frío ou quente»
      •  O xogo de cadeiras cooperativas
      •  Pica parede ou escondite inglés
      •  O twister



  •     Propoñer un reto cada día:

      Tendo en conta a idade dos nenos, podería ser:
      • Realiza algunha das actividades mencionadas anteriormente.
      • Preparar un agasallo caseiro para avós e avoas ou outros membros da familia.
      • Facer unha torre moi alta con todas as pezas de construción que teñamos.
      • Escribir unha carta ou facer un debuxo para un amigo da escola (e envialo por correo).
      • Inventar unha canción con letra divertida que fale sobre a nosa familia.
      • Ordenar os xoguetes.
      • Contar cantos obxectos, por exemplo azuis, hai en toda a casa...



  •     Facer ioga, relaxación ou meditación:

   A práctica do ioga ten moitos beneficios para os nenos: mellora a concentración, a aprendizaxe, a atención, o coñecemento de si mesmo, o control da respiración, a relaxación, o equilibrio, etc.  Durante estes días pode atopar momentos para que os nenos e nenas poidan practicar ioga ou meditación.  Aquí tendes algúns propostas


     







  • Comunicarnos cos amigos/as:

     Xa sabedes que para os vosos fillos e fillas as amizades son moi importantes. O feito de que a escola estea pechada e restrinxidas as actividades colectivas, fai posible que boten en falta as interaccións sociais cos seus amigos e amigas.


    Podedes aproveitar os contactos de WhatsApp coas outras familias para intercambiar vídeos, audios e imaxes das actividades que facedes. Seguro que podedes compartir ideas e favorecer os vínculos de amizade. A partir dos 10 años podedes practicar as vídeo conferencias mediante diferentes plataformas e a 3 ou 4 bandas, para favorecer as competencias dixitais e comunicativas.

  • As tarefas domésticas:


     Estes días na casa tamén poden ser unha boa oportunidade para consolidar hábitos ou implicar aos nenos nas tarefas do fogar. Ademais de cociñar, hai moitas outras tarefas que os farán sentir moi útiles e responsables. Pódese facer un reparto de tarefas segundo a idade do neno e nena, por exemplo poñer a mesa, limpar o po, varrer, pasar a aspiradora, poñer a secar a roupa, regar as plantas, gardar a roupa...



  •  A caixa dos disfraces:


    Podemos organizar unha caixa ou armario con traxes de todo tipo e tamaño para que experimenten. Podemos engadir roupa e accesorios para adultos: aos nenos encántalles que a roupa lles vaia grande! Sombreiros, gorras, panos, cintos, colares, zapatos, tecidos de diferentes tamaños e cores ... todo vale! Se poñemos a caixa dos disfraces dun espello e tamén ofrecemos pinturas de cara, será aínda máis divertido!



  • Circuítos de canicas:

     Estimulan o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación, ademais de  favorecer a concentración, a paciencia, a organización espacial e o desenvolvemento do pensamento matemático e físico. Tamén axudan a adestrar a motricidade fina e a coordinación man-ollo.

    Na actualidade hai moitas marcas comerciais de xoguetes que teñen circuítos de bola. Recomendamos só aqueles que sexan de madeira ou materiais reciclados. Pero animámosche a axudar aos teus fillos e fillas a crear circuítos caseiros e pasar un bo rato creando para despois utilizalos.





  • Outras reacións con material de reciclar:


   Podedes usar caixas de cartón, tetrabricks, botellas de plástico, tapóns, etc. para construír obxectos, xoguetes ou inventos. Por exemplo, facer un marco de fotos, un brazalete de súper heroe, un micrófono de cartón, títeres con calcetíns vellos, ...





  • Experimentos científicos:

    Os nenos poden practicar na casa sinxelos experimentos, baixo a vixilancia dos adultos. A partir de experiencias más ou menos sinxelas, adaptadas á súa idade, pódese motivar a creatividade e facer que comprendan algúns fenómenos naturais de forma sinxela. Por exemplo experimentar co son, facendo un teléfono con botes de iogur, plantar legumes en algodón húmido para que xerminen... Nesta páxina podedes atopar experimentos moi divertidos.





  •    Facer teatro:

    Nalgún recuncho da casa podemos montar un escenario improvisado, colgando unha cortina, e motivar que os niños e nenas representes pequenos contos, algún sketch, cancións... e desenvolvan as súas capacidades escénicas. Tamén podedes axudarlles a facer un teatro de monicreques, fabricalos de dedo ou con calcetíns, e que inventen as historias para representar. Outra opción é facer teatro con sombras chinesas; primeiro é necesario recortar as formas en cartolinas, preparar unha saba e por último inventar unha boa obra.




  • Practicar a escritura creativa:


 Haberá que ter en conta a idade dos nenos e nenas, e combinar o debuxo coa escritura. Inventar e escribir historias é unha boa maneira de espertar a creatividade e de canalizar as emocións.  Que poden escribir?

  • Un diario no que conten o que fan cada día, debuxen ou peguen fotos.
  • Cartas para as persoas queridas: avós, curmáns...
  • Contos inventados. Os menores de 6 anos poden crear álbums ilustrados con pouca letra ou sen ela.
  • Cómics.
  • Xogo das historias en cadea: unha persoa escribe unha frase, dobra o papel e deixa só unha ou dúas palabras á vista. A partir delas outra persoa ten que continuar a historia. Entón a segunda persoa dobra de novo e deixa só unha palabra á vista, etcétera. Sairá unha historia ben tola!



   Moito bicos polo aire e ánimo a todas e a todos!!


   




Ningún comentario:

Publicar un comentario