"Retrincos de cores" é unha proposta que xurde como resposta ante as inseguridades que se nos foron xerando ao longo deste período de incerteza. Algo tan sinxelo como debuxar ou escribir esas emocións nun caderno para poder ilas xestionando.
RETRINCOS DE CORES
SE QUERES POÑERTE EN CONTACTO CO EQUIPO DE ORIENTACIÓN (PT, AL OU ORIENTADORA), ESCRÍBENOS AO SEGUINTE CORREO ELECTRÓNICO: orientacionseara@gmail.com
30 de abr. de 2020
29 de abr. de 2020
Comprensión lectora
"Maratón na casa" son unhas divertidas tarxetas coas que podemos traballar a comprensión lectora con instrucións.
COMPETENCIA LECTORA
REFORZO DA VELOCIDADE LECTORA
Esta é unha aplicación que contén actividades para motivar e reforzar a velocidade lectora.
ADESTRAMENTO DO MÚSCULO OCULAR
Unha boa forma de mellorar a velocidade lectora é adestrando os músculos dos ollos.
Estas actividades vanvos a axudar a que, á hora de ler, movades só os ollos e non a cabeza.
28 de abr. de 2020
XOGA E APRENDE
MATEMÁTICAS
Aquí atoparedes algúns xogos para repasar as TÁBOAS DE MULTIPLICAR de forma divertida.
27 de abr. de 2020
Fonemas, articulación
Os lotos fonéticos son debuxos de palabras dos distintos fonemas, que se usan para a recuperación e mellora da articulación dos fonemas afectados. Con este material tamén podemos traballar a semántica (definir a palabra, decir sinónimos, antónimos...), o léxico (vocabulario) e a sintaxe (construir unha frase con cada unha das palabras dadas...).
O seu uso é sinxelo, pois conta co apoio visual e emprégase como pretexto para inducir a unha resposta verbal: nomear as imaxes, construir frases con elas...
26 de abr. de 2020
XOGA E APRENDE
Neste portal atoparedes multitude de xogos educativos e didácticos para nenos e nenas de diferentes idades.
ENTRADE E COMPROBAREDES QUE DIVERTIDO É APRENDER
24 de abr. de 2020
Expresión oral, pragmática
🔍 👀 FÍXATE nestas láminas e contesta
Que persoas ves? Que é o que fan?
Que animais aparecen? Que fan?
Atopa os absurdos, as cousas sen sentido.
Que personaxes che parece que están súper contentos? E por que cres que o están?
Elixe un personaxe que che gustaría ser, e di o por que.
Describe algún animal que apareza nas láminas: cantas patas ten, a súa cor, tamaño, de que se alimenta....
Por último invéntalle un nome, como se fose a túa mascota.
23 de abr. de 2020
Emocións
Unha proposta de tarxetas que nos valen como exemplo e axuda de como preparar unha resposta asertiva para cando os nenos e nenas se enfrenten a determinadas situacións. Podemos imprimilas, copialas ou mesmo lelas directamente unha vez descargadas. Mellor en parellas, grupo ou familia.
22 de abr. de 2020
Memoria, concentración, motricidade
Ola! Aquí vos deixamos tres propostas de xogos de mesa para divertirvos toda a familia xunta.
21 de abr. de 2020
CONTOS
TI ES O MEU HEROE
Como poden os nenos loitar contra o COVID-19!
Este conto foi elaborado grazas á colaboración de máis de 50 organizacións humanitarias.
Vai dirixido principalmente os nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade.
Débeno ler acompañados dun adulto, para axudalles a comprender a pandemia do COVID 19 e aprender a desenvolverse nesta situación.
Ler o conto
ROSA CONTRA O VIRUS
Conto para explicar o Coronavirus e outros posibles virus
Aquí tendes outro conto, para nenas e nenos de 4 a 10 años, co que poderedes explicar aos pequenos o que é un virus e axudarlles a xestionar as súas emocións.
Elaborado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid, en colaboración coa editorial Sentir.
Ler o conto
ELENA EN CUARENTENA e a misión de vencer ao coronavirus e ao aburrimento
Conto escrito e ilustrado por Natalia Manchón Muñoz e Beatriz Canseco de la Rosa, psicólogas sanitarias expertas en infancia e intelixencia emocional.
Adxectivos, competencia lingüística
Cómo es mi familia
Adxectivos calificativos
20 de abr. de 2020
Poemas visuais, caligramas, escritura creativa
Un caligrama é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou forman un personaxe, animal, paisaxe ou calquera obxecto imaxinable.
Algúns exemplos...
ESCRITURA CREATIVA PDF
Algúns exemplos...
ESCRITURA CREATIVA PDF
17 de abr. de 2020
RECURSOS #euquedonacasa
GUÍA DE RECURSOS#yomequedoencasa
GUÍA DE RECURSOS#yomequedoencasa
Ola, presentámosvos esta guía con consellos, recursos audiovisuais, lecturas, visitas virtuais, exercicios, actividades, apps, webs, materiais educativos e outras ideas para nenos/as e adultos.
Esperamos que vos sexa de utilidade e vos axude a facer máis levadeira a experiencia da corentena.
Foi elaborada pola Fundación Mª José Jove, en colaboración coa Asociación Participa.
GUIA PARA O
ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NA INFANCIA DURANTE O PERÍODO DE CONFINAMENTO
Esta outra guía responde á necesidade de coidar o VÍNCULO EMOCIONAL dos pais cos seus fillos, de forma especial neste período de confinamento imposto.
Foi elaborada pola psicóloga Estela Mediavilla Espinosa coa colaboración do concello de Rota.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)