26 de mar. de 2020

Exercicios para favorecer a comprensión e a expresión a través de vídeos.

Bo día:

A través destes VIDEOS pódense traballar as inferencias, a
expresión oral e escrita, ademais das emocións.


Suxestións:

 Mentres os rapaces visualizan a curta, podémoslle ir facendo preguntas do tipo:

  • Que ocorreu?
  • Por que?
  • Cal é?
  • Que título lle poñerías?
  • Que diferenzas?
  • En que se parecen?
  • Que significa?
  • Cal é o motivo?
  • Como cres que se sentiu?
  • Que conclusións?...


 Logo poderán expresarse por escrito:

  •  Facer unha lista do vocabulario
  •  Construír frases
  •  Elaborar un resumo sobre o sucedido...


VÍDEO 1


O agasallo  ( "Impossible present") Youtube.

                                             

Vídeo 2


  O porquiño  ( "Ormie the pig") . Fonte : Youtube



Vídeo 3


O coello ( "Big back bunny") . Youtube
                                 







Ningún comentario:

Publicar un comentario